Levan desde primeiros de ano de celebración. E é que neste 2015 cumplen nada menos que trinta anos e hoxe é o día grande dos festexos. Os integrantes da Asociación Cultural e Deportiva de Campañó conmemoran o seu aniversario coa tradicional sardiñada e unha churrascada que comezará na tardiña no Campo da Festa. Máis tarde darán comenzo as actuacións de Carlos Blanco e Celso Sanmartín e o grupo folk Polavila, acto organizado para os socios, que porán os risos e a música na benvida ó verán.
Maios
Se por algo é coñecida a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó é polos seus maios. Non en van son os autores do máis antigo de Galicia, xa que o confeccionan ininterrompidamente desde hai 31 anos. Ademais na última Festa dos Maios de Pontevedra, acadaron tres dos catro premios establecidos ó mellor maio, á coroa máis vistosa e ás mellores coplas. Tamén levaron o premio especial do xurado ata en dez ocasións.
Balanzo
Un dos obxectivos cumpridos dos que os membros da ACD Campañó se senten máis orgullosos é da construción da casa da cultura de Campañó, que se inaugurou no ano 2003, e que desde aquela acolle numerosas actividades ó longo de todo o ano. “Desde hai varios anos somos a asociación veciñal que máis actividade social e cultural promove para os seus socios”, manifesta o secretario, José Domínguez.
Cursos, charlas, obradoiros... son só algunhas das iniciativas que organiza este colectivo para os socios de todas as idades, ademais de viaxes por España e Europa. Agora estudan a situación do patrimonio da parroquia, en colaboración coa Mancomunidade de Montes.
Carreira Popular Campañó
Pero se hai algo no que xa están mergullados os responsables da Asociación é na carreira pedestre que organiza desde hai sete anos a Asociación Cultural e Deportiva Campañó co patrocinio do Hotel Rural Campaniola. Un ano máis, o terceiro sábado de setembro, coincidindo coa celebración das festas dos Dolores, terá lugar o Gran Premio Hotel Campaniola. Esta carreira popular inclúese no circuíto de carreiras que organiza o Concello de Pontevedra e que na súa edición de 2014 contou cuns 600 participantes entre adultos e as categorías base.
PARABÉNS!
Comentarios
Sin comentarios por el momento
Deja tu comentario